Data
28/01/2014
O día da Protección de Datos en Europa é unha xornada impulsada pola Comisión Europea, o Consello de Europa e as autoridades de Protección de Datos dos estados membros da Unión Europea, co obxectivo de promover o coñecemento entre os cidadáns sobre os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.
Ademais, coincidindo coa celebración deste día, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) organiza unha xornada conmemorativa dos "20 Anos de Protección de Datos en España", na que interveñen diversas personalidades e expertos que representarán a todos os axentes que participaron activamente no desenvolvemento deste dereito fundamental na nosa sociedade.