3 de cada 4 enxeñeiros/as consideran que deben manter un papel activo na difusión e impulso da Sociedade da Información

Logo osimga
Data
28/03/2012

O Instituto de Ingeniería de España (IIE) e o Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI) dependente de Red.es, veñen de presentar os resultados do estudo “Los Ingenieros Españoles como Usuarios de las TIC”.  A esta enquisa responderon perto de 2.400 enxeñeiros pertencentes ás distintas ramas da enxeñaría (aeronáutica, agrónoma, industrial, naval, de telecomunicacións, etc) e realizouse entre aqueles que tivesen conexión a Internet para coñecer o uso que fan da Rede.

Entre os resultados do estudo destaca o feito de que tres de cada catro enxeñeiros considera que debe manter un papel activo na difusión e impulso da Sociedade da Información.

O informe confirma que os enxeñeiros son usuarios moi activos de Internet. Un 92,3% accede diariamente e un 6,9% úsao todas as semanas, mais non diariamente.

O estudo fai fincapé en que os enxeñeiros conectados a Internet forman un colectivo de usuarios que utilizan de forma destacada os servizos que a Rede facilita:

•    Un 97% dos enxeñeiros internautas reciben e envían correos electrónicos de cotío.
•    93,6% mercaron algún servizo ou produto a través de Internet.
•    Un 87,3% son usuarios de servizos relacionados con viaxes e aloxamento.
•    Un 86% utiliza Internet para xestións de banca electrónica ou actividades financeiras. Un 81,4% usa Internet para obter información e facer xestións en páxinas web das Administracións.
•    Un 78,7% len ou descargan xornais ou revistas de actualidade.
•    O 56,9% le blogues e un 10,3% creou e mantén o seu propio blogue.
•    Un 54,4% participa en redes sociais.
•    O 31,9% utiliza Internet para falar por teléfono
•    O 99% dos enxeñeiros afirma coñecer a páxina web do seu colexio profesional e deles o 95,4% aseguran visitala.

A satisfacción xeral dos enxeñeiros, respecto da súa conexión a Internet desde casa, obtén unha valoración media neutra de 4,91 sobre 7 puntos.
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades