As Operadoras Móbiles Virtuais (OMV) lideraron a ganancia de liñas móbiles ese mes, que sumou no seu conxunto 162.922 altas netas. As alternativas acapararon o 87% das novas altas de banda larga fixa, que en xaneiro engadiu 40.363 liñas. No segmento da banda larga a fixa, xaneiro pechou con 40.363 novas liñas, grazas tamén ao comportamento das alternativas, que acapararon o 87% das ganancias
Telefonía móbil
O parque de telefonía móbil alcanzou en xaneiro as 58.880.647 liñas, un 3,2% superior ao dun ano atrás. Este crecemento de xaneiro estivo reforzado en boa medida polas ‘datacards’ (cartóns SIM dedicados a conexións a Internet), que en xaneiro aumentaron en 82.901 liñas e racharon con catro meses consecutivos de perdas.
Os OMV acapararon máis de dous terzos do total de altas netas da telefonía móbil, en concreto, sumaron 124.690 liñas netas. Vodafone, pola súa banda, gañou 72.290 liñas e Yoigo 46.470. Orange e Movistar perderon 44.180 liñas e 36.270 liñas netas, respectivamente.
As liñas de postpago acabaron coa tendencia positiva do 2011 e en xaneiro deste ano perdéronse 8.051 liñas deste tipo. O prepagamento sumou 88.142 liñas, polo que, xunto ás ‘datacards’, foi o que mantivo o crecemento do parque de telefonía móbil. Aínda así, o parque total continúa sendo maioritariamente de postpagamento, con 32.607.536 liñas deste tipo fronte a 20.272.353 liñas de prepagamento.
Movistar e Vodafone foron as operadoras que perderon unha maior cota de mercado no último ano: 1,7 e 1,1 puntos cada un, até o 39,89% e o 28,25% do mercado respectivamente. Orange (20,08%) practicamente mantivo a súa posición relativa no conxunto do mercado. As OMV e Yoigo aumentaron a súa cota: sumaron 1,71 e 1,16 puntos respectivamente até chegar ao 6,53% e 5,25% de cota de mercado.
Banda larga fixa
A banda larga sumou no seu conxunto 40.363 liñas, polo que o seu crecemento mantívose constante respecto ao mes anterior. Este ritmo debeuse principalmente ás operadoras alternativas, que rexistraron 35.450 altas netas. Telefónica pola súa banda engadiu 2.080 liñas ao seu parque e as operadoras de HFC (híbrido fibra-coaxial, a tecnoloxía das operadoras de cable) gañaron 2.830 liñas, co que logrou este último dar a volta ás perdas de decembro. O parque total da banda larga situouse nas 11.188.297 liñas, o que supón un crecemento interanual do 4,7%.
A tecnoloxía FTTH (fibra óptica até o fogar) continuou en xaneiro co seu despregamento e sumou 9.906 liñas no mes (algo inferior aos sumado en decembro) e o parque total alcanzou as 181.083 liñas, a maior parte de Telefónica. A operadora maioritaria, con todo, perdeu 7.866 liñas de DSL.
Telefónica foi a única operadora de banda larga fixa que perdeu cota de mercado respecto de 2011, xa que cedeu 3,51 puntos e baixou até un 49,13% de cota. As alternativas gañaron no mesmo período 3,54 puntos, polo que alcanzaron o 31,5% do mercado. As operadoras de HFC (19,37%) practicamente mantiveron a súa posición relativa no mercado.
Nota mensual da CMT (Xaneiro 2012)