Adigital e Red.es presentan a segunda edición do “Libro Branco do Comercio Electrónico”

Adigital e Red.es presentan a segunda edición do “Libro Branco do Comercio Electrónico”
Data
30/08/2012

O Libro Branco do comercio electrónico é unha publicación coordinada por Adigital no marco do programa ¿Vendes en Internet?. Impulsada por Red.es, esta guía práctica de comercio electrónico para pemes defende os beneficios da actividade comercial na Internet, como vía de desenvolvemento empresarial e como oportunidade de negocio.
 
Entre as principais achegas desta guía indícase que no ano 2011 preto do 64% dos fogares españois tivo acceso á Rede, no 97% dos casos conectados a través dunha liña de banda larga. Isto supón que na actualidade existen 28 millóns de internautas (o 66% da poboación española), dos cales 11 millóns (o 43,5%) manifestan que realizan compras na Internet.

No tocante aos datos de comercio electrónico B2C, que determinan as operacións que se realizan para comprar bens e servizos online entre empresas e particulares, o mercado estatal acadou un volume de facturación de 10.900 millóns de euros no ano 2011, cun incremento do 20% en relación ao 2010.

Para visualizar o Libro Branco preme aquí
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades