AIMC estima que máis da metade dos galegos son usuarios da Internet

Logo osimga
Data
05/07/2012

A 2ª Oleada do Estudio General de Medios (EGM), publicado pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), estima que un 51,2% da poboación galega utilizou Internet entre outubro de 2011 e maio de 2012.

O EGM informa que a penetración da Internet en Galicia no ano 2006 situábase no 31,2%, o que supón un incremento dun 20% dende este ano e dun 1,6% en relación á media mensual de 2011. A evolución na porcentaxe de usuarios en Galicia foi aumentando progresivamente ao longo do último sexenio, en concordancia coa tendencia do conxunto do Estado.  

A nivel estatal, o EGM sitúa a penetración da Internet no 60,4% entre abril e maio de 2012, tres puntos máis que no 2011, cunha estimación total de 23,8 millóns de usuarios neste mes. O principal lugar de acceso á Rede segue a ser o fogar (91,1%) e o correo electrónico afiánzase como o servizo máis utilizado polos usuarios na Internet (88%).

Pode consultarse o informe mensual de audiencia da Internet na seguinte ligazón:
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades