ANEI publica un estudo sobre a optimización web da prensa dixital

Logo osimga
Data
02/07/2012

A Asociación Nacional de Empresas de Internet (ANEI) publica o estudo “Análisis de Optimización Web: aforro do ancho de banda na prensa dixital española”, que conclúe que o sector en España podería aforrar ao ano máis de 235.000 euros en ancho de banda, o que supón preto de 20.000 euros ao mes.

ANEI estima un aforro medio do 14,34% no tráfico estrutural das páxinas web analizadas no sector da prensa dixital. A eliminación do tráfico innecesario suporía unha redución dos tempos de carga e melloraría a accesibilidade ás páxinas dos xornais, sen necesidade de alterar o seu contido e funcionalidades.

Pódense consultar as principais conclusións do estudo na seguinte ligazón: Informe
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades