O contrato asinado entre a ICANN e a Asociación PuntoGal fixa que o dominio “.gal” nace para servir á comunidade lingüística e cultural galega, para que os usuarios usen ou se comprometan a usar o galego nas súas comunicacións en liña, promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede e dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a Galicia.
Trátase, polo tanto, do primeiro dominio de Internet aprobado para un grupo lingüístico e cultural dende a aprobación do .cat en 2005, o que supón un fito histórico que reportará beneficios económicos, culturais e simbólicos ao territorio galego.
Nos vindeiros meses realizaranse as correspondentes probas técnicas, para comezar a rexistrar os primeiros dominios .gal a principios de 2014.
Pode descargarse o contrato a través da páxina web oficial da Asociación PuntoGal