A banda larga fixa sufriu en abril unha notable moderación do seu crecemento

Logo osimga
Data
07/06/2011

O descenso máis importante no segmento de mercado de banda larga fixa sufriuno Telefónica, que perdeu 23.480 liñas no mes de abril. En cambio, as operadoras alternativas que comercializan servizos DSL e as operadoras de cable sumaron 31.240 e 10.200 altas netas, respectivamente. Pola súa banda, as liñas FTTH aumentaron ese mes en 8.467 liñas (+11,8%), até sumar un total de 79.703.

O empuxe das operadoras que compiten no bucle do aboado con Telefónica levoulles a gañar nun ano 2,7 puntos de cota, até o 28,85%. Telefónica perdeu 2,5 puntos nese mesmo intervalo e en abril tiña o 51,7% das liñas de banda larga.

As elevadas cifras de portabilidade seguen reflectindo a sensibilidade ao prezo dos usuarios e a forte competencia entre operadoras. En abril producíronse 153.954 cambios de compañía en telefonía fixa, unha cifra que segue manténdose alta (a sexta maior da historia) despois da marca de decembro de 2010 con máis de 200.000 números portados. A portabilidade móbil anotouse unha cifra algo máis modesta que en meses anteriores (384.087 números en abril) pero un 9,1% superior á rexistrada no mesmo mes de 2010.

A telefonía móbil rexistrou descensos por terceiro mes consecutivo (-71.161), principalmente pola perda de 175.342 liñas prepagagamento. As liñas postpagamento aumentaron en 75.283. Vodafone perdeu en abril 131.120 liñas, Movistar 41.510 e Orange 23.310. Os OMVs e Yoigo rexistraron ganancias netas de 84.700 e 40.080 liñas, respectivamente. Pola súa banda, as datacards afiánzanse como o segmento que máis medra (28.898 liñas), cun rexistro moi similar ao do mes anterior. O número total de liñas vinculadas exclusivamente a banda larga móbil alcanzou a cifra de 3.422.811 liñas, un 48,9% máis respecto de abril de 2010. O mes pechouse con 54,9 millóns de liñas móbiles, unha proporción de 116,8 liñas por cada 100 habitantes.

En telefonía fixa, perdéronse 81.599 liñas. O descenso foi especialmente significativo no segmento residencial (-57.569).
Nota mensual CMT (abril 2011)

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades