A banda larga supera os 11 millóns de liñas en España

A banda larga supera os 11 millóns de liñas en España
Data
19/12/2011

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O forte pulo na captación de liñas de banda larga por parte das operadoras alternativas supuxo que en outubro se superase a barreira dos 11 millóns de liñas de banda larga en España, chegando até os 11,05 millóns de conexións. Durante o mes de outubro, engadíronse ao mercado 78.557 liñas, a segunda mellor cifra de todo o ano, só superada no mes de marzo con 108.017. A penetración alcanzou as 24 liñas/100 habitantes.

Durante o mes de outubro, as operadoras alternativas a Telefónica apuntáronse a maior parte da ganancia neta de liñas, con máis de 70.000 altas netas, mentres que as operadoras de cable sumaron 13.240 liñas. Telefónica rexistrou unha perda neta de 4.710 liñas de banda larga, a pesar de que logrou sumar máis de 12.000 liñas de FTTH. O total de liñas FTTH a finais de outubro ascendeu a 146.455 liñas, das cales 138.502 corresponderon a Telefónica.

A intensa captación de clientes de ADSL que desde hai varios meses están a facer as operadoras alternativas fixo que a cota de mercado de Telefónica estea por primeira vez desde a liberalización do mercado das telecomunicacións por baixo do 50%, (49,64%). Este descenso paulatino da cota de mercado de Telefónica (3 puntos menos no que vai de ano) traduciuse nunha perda de 129.661 liñas de banda larga durante o devandito período. Pola súa banda, as operadoras alternativas situaron en outubro a súa cota de mercado no 30,83% e os de cable no 19,53%.

Telefonía móbil e fixa
Durante o mes de outubro, o número de liñas móbiles aumentou en 125.397 liñas. Pola súa banda, o número de datacards rexistrou unha leve perda de 4.024 liñas, até os 3,54 millóns. O parque de liñas móbiles situouse nos 55,8 millóns, cun crecemento interanual do 4,1%.

Segundo a CMT durante o mes de outubro rexistráronse 447.810 portabilidades, cifra en liña coas rexistradas en meses anteriores.

As liñas de telefonía fixa rexistraron un aumento de 2.979 liñas, até os 19,4 millóns. O segmento de negocios perdeu 19.825 liñas, mentres que o residencial sumou a cifra máis alta do ano en novas liñas, con 22.804 novas liñas.
Nota mensual de outubro (CMT)

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades