A banda larga recuperou en agosto os números positivos (+17.848 liñas) apoiada polo novo pulo dos alternativos, que con 43.836 altas netas lograron contrarrestar as perdas de clientes de ADSL de Telefónica. Neste sentido, as 8.093 altas netas de liñas de fibra óptica até o fogar (FTTH) gañadas por Telefónica non foron abondo para compensar a marcha de 34.299 clientes de ADSL desta operadora.
Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
A suba de agosto, un mes tradicionalmente pouco activo, permitiu situar o total de liñas de banda larga en 10,91 millóns, que representa un crecemento interanual do 6,1% e unha proporción de 23,2 liñas por cada 100 habitantes.
Os móbiles virtuais gañaron 190.000 clientes
A CMT indica que a telefonía móbil, aínda que cun crecemento algo máis moderado que nos dous meses anteriores, apoiou a tendencia positiva pese a que unha parte das grandes operadoras sufriron perdas. As operadoras móbiles virtuais (OMV) foron as artífices destas subas con algo máis de 190.000 altas netas, seguidos de Orange (con 32.500 novas altas netas) e Yoigo, a cuarta operadora de rede, que gañou 24.701. Vodafone perdeu case 10.500 liñas e Movistar deixouse en agosto 102.696 liñas.
No cómputo global o mercado móbil gañou de 134.294 novas liñas, das que 66.141 foron de prepagamento, 39.411 de postpagamento e case 29.000 (28.742) de datacards (banda larga móbil), que supoñen o 21% das altas netas ese mes. O parque total de liñas móbiles (55,72 millóns) aumentou unha 5,1% fronte ao mesmo mes do ano anterior e a penetración situouse nas 118,5 liñas por cada 100 habitantes.
En canto á portabilidade móbil, un total de 456.651 números móbiles mudaron de operadora, o que supón un aumento do 16,2% fronte ao mesmo mes do ano anterior.
A telefonía fixa perde 361.000 liñas no último ano
A telefonía fixa continuou rexistrando perdas (-54.213 liñas) e estas alcanzaron tanto ao segmento residencial (-20.362) como ao empresarial (-33.851). Nos últimos 12 meses (Agosto 2010 - Agosto 2011) perdéronse un total de 361.321 liñas fixas, que agora supoñen un total de 19.388.808 liñas.
Nota mensual CMT (Agosto, 2011)