Big e Open Data como motores do crecemento en Europa de cara ao 2020

Big e Open Data como motores do crecemento en Europa de cara ao 2020
Data
31/01/2014

Microsoft, demosEuropa e o Instituto de Estudos Económicos de Varsovia (Warsaw Institute for Economic Studies) publican o estudo titulado “Big and Open Data in Europe: A growth Engine or a missed opportunity?”.
A apertura dos grandes datos e a súa reutilización por parte das administracións públicas, as empresas, os cidadáns e os centros de investigación poden repercutir dun xeito positivo na recuperación da economía europea no horizonte 2020.
O estudo afirma que o Big Data e o Open Data poden reportar máis de 200.000 millóns de euros potenciais á economía europea de cara ao ano 2020, o que suporía un incremento do 1,9% do Produto Interior Bruto (PIB) nos vindeiros 6 anos.
Establécese unha relación directa entre o nivel de implantación das solucións tecnolóxicas Big + Open Data coa evolución da economía, as administracións públicas, o comercio, a industria e o sistema sanitario entre outros sectores de actividade.
Na seguinte infografía poden verse as estimacións realizadas para as tres áreas xeográficas europeas: Norte, Sur e novos países membros. España sitúase nos países do Sur, xunto con Portugal, Italia e Grecia, cunha previsión de crecemento próxima ao 2% do PIB coa aplicación do Big e Open Data, especialmente no ámbito das administracións públicas.
 

 

 
É xustamente nas administracións públicas onde o conxunto do Estado presenta unha maior potencialidade, favorecida pola necesidade dun uso eficiente e a reutilización dos recursos públicos, a innovación e a transparencia.
 
 
Poden consultarse todos os indicadores na seguinte ligazón:
http://www.bigopendata.eu/full-report/
 
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades