Case a metade dos usuarios de redes sociais accede todos os días

Case a metade dos usuarios de redes sociais accede todos os días
Data
05/12/2011

O ONTSI afirma que só os cidadáns de Alemaña e Austria usan máis ás redes sociais que os de España que xa están dous puntos porcentuais por riba da media europea.

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O uso destas aplicacións  incrementouse non conxunto do Estado un 11,3% desde 2009 e as dúas que máis éxito teñen son Facebook e Tuenti. Tanto as mulleres coma os homes utilízanas sobre todo para relacionarse coas súas amizades actuais ou antigas e fan moi poucos amigos novos a través delas.
Uso persoal
O 48,6% dos usuarios de redes sociais persoais, como Facebook, Tuenti ou Twitter, conéctanse todos os días á Rede. Ademais, o 25,4% faino dúas ou tres veces por semana e o 15,8% unha vez á semana. De feito, apenas o 10,4% afirma que entra nestas redes sociais con menor frecuencia que unha vez á semana. En concreto, o 4,6% accede unha vez cada quince días, o 4,4% unha vez ao mes e o 1,4% faino con menos frecuencia que mensualmente.
Entre as razóns que levan aos internautas a utilizar as redes sociais, a máis frecuente é a de poder comunicarse cos amigos (89,2%), seguida pola posibilidade de ver fotos dos seus coñecidos (49,8%). Cunha porcentaxe similar sitúanse os que se conectan para comunicarse cos seus familiares (43%), aínda que neste caso difire bastante en función do xénero, cun 38% entre os homes e un 46,8% entre as mulleres.
Ámbito profesional
Segundo o ONTSI un 38,8% de usuarios de redes sociais empréganas con fins profesionais.
Dos usuarios que empregan as redes sociais con esta finalidade, un 57,6% utilízanas para buscar traballo, un 30,3% para publicitarse como profesional, un 18,2% para publicitarse como empresa e un 15% para formación.
De acordo co estudo, un 80,2% dos responsables de recursos humanos empregan as redes sociais como ferramenta de selección e publicación de postos de traballo.
Así mesmo, as redes sociais están a xerar novas profesións baseadas na xestión e defensa dos intereses das empresas cos seus clientes.
Publicidade
Un dos resultados máis significativos é que moitas das persoas enquisadas se informan a través da Rede de produtos ou servizos e o 47,4% deles recoñece que as opinións que reciben inflúenlles nas súas decisións.
Informe 'Las Redes sociales en Internet'

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades