Catro de cada cinco usuarios de entre 16 e 35 anos conéctase a Internet a través do teléfono móbil

Catro de cada cinco usuarios de entre 16 e 35 anos conéctase a Internet a través do teléfono móbil
Data
21/01/2014

Publicada a radiografía Tuenti Móvil – IPSOS sobre hábitos de uso e conexión a Internet dende o móbil por parte dos usuarios de 16 a 35 anos de idade.
O 94% dos enquisados dispón de teléfono móbil. Un 84% conéctase a Internet dende o móbil, dos cales preto da metade (o 47%) ten contratado un plan de datos para realizar a conexión.
Entre os puntos fortes do estudo realizado polo operador móbil de Tuenti destacan os datos sobre o “phubbing”, un comportamento social que consiste en restar atención ao noso entorno debido ao uso inadecuado do móbil ou doutros aparatos electrónicos. 
Un 53,8% dos enquisados recoñece facer “phubbing” co seu teléfono móbil, cando desexa atender asuntos importantes, e un 13% acostuma a facelo sempre (o que suma preto do 67%). Un de cada tres usuarios négase, ao consideralo de mala educación.
 
 
 Gráfica: Resultado da enquisa sobre “phubbing”. Fonte: Tuenti Móvil – IPSOS
Poden consultarse os resultados do estudo na seguinte ligazón:
http://www.ipsos.es/sites/default/files/documents/otrasnews_np20140120.pdf
 
 
 
 
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades