As chamadas de móbil seguen sendo máis caras que a media da Unión Europea

Logo osimga
Data
03/06/2011

O estudo  da Comisión Europea sinala que a taxa de penetración móbil en España alcanzou o 121,8% en xaneiro, por baixo do 124,2% de media na UE. Movistar controla o 43,8% do mercado, mentres que o seu principal rival, Vodafone, está no 29,9%. Ambas as compañías perderon algo menos dun punto porcentual a favor das dúas outras operadoras móbiles e das operadoras virtuais.
Banda larga
Polo que se refire á banda larga fixa, a taxa de penetración aumentou do 21,5% en xaneiro de 2010 ao 23,7% en xaneiro de 2011, porcentaxe que está aínda por baixo da media comunitaria (26,6%). Non obstante, o 91% das liñas de banda larga instaladas no conxunto do Estado español superan unha velocidade de 2 megas, fronte ao 87% na UE.
España rexistra moito mellores resultados en materia de banda larga móbil. De feito, ao redor do 13% da poboación utiliza o teléfono móbil para acceder a Internet, unha porcentaxe que só superan Luxemburgo, Suecia e Dinamarca. E o 16% dos cidadáns conéctanse co seu computador portátil (19% de media na UE).
Uso da Rede
O uso de Internet por parte dos cidadáns está a aumentar ao mesmo ritmo que a media da UE, aínda que as taxas de usuarios habituais (58%) e frecuentes (44%) sitúanse aínda por baixo da media. O 32% da poboación non utilizou nunca Internet. Os cidadáns usan Internet máis que a media comunitaria para servizos como lectura de xornais, descarga de música e películas, compras e procuras de información sobre educación, formación e cursos.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades