Cibersaúde e innovación en materia de saúde da muller e o neno: informe OMS 2013

Cibersaúde e innovación en materia de saúde da muller e o neno: informe OMS 2013
Data
01/07/2014

A Organización Mundial da Saúde e a Unión Internacional de Telecomunicacións veñen de publicar un informe para axudar a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento  do Milenio (ODM) catro e cinco sobre a diminución da mortalidade materna infantil para o ano 2015. O informe é o resultado da primeira enquisa enfocada no impacto da eSaúde na saúde materno infantil.
A consulta realizouse por medio do Observatorio Mundial de Cibersaúde e responderon 64 dos 75 países encuestados Máis de 300 expertos en cibersaúde e saúde da nai e o neno fixeron aportacións ao informe, que recibiu o respaldo de numerosos colegas da OMS de todo o mundo. Nun esforzo conxunto, a OMS e a UIT analizaron logo os datos, e aportaron distintas conclusións: 

  • O 94% dos países dispoñen dunha política ou estratexia nacional para a saúde da muller e o neno;
  • Máis do 90% dos países realizan un seguimento de seis dos 11 indicadores clave da saúde reprodutiva, materna, neonatal e do neno nesos países;
  • O 69% teñen posto en marcha, cando menos parcialmente, sistemas electrónicos de información para o rexistro dos nacimentos, las defuncións e as causas da morte;
  • O 56% dos países notifican que prestan apoio de cibersaúde ás principais iniciativas en favor da saúde da muller o neno;
  • O 48% teñen adoptado algún un tipo de iniciativa de cibersaúde para o seguimento e a vixilancia das nais, neonatos e nenos enfermos; os servizos que máis a míudo se adoptan son os de telemedicina e teleconsulta;
  • O 42% dlos países dispoñen dunha política ou estratexia nacional de cibersaúde;
  • O 36% das estratexias nacionais de cibersaúde refirense ao uso da cibersaúde en relación coa saúde da nai e o neno.

Pode accederse á versión completa e ao resumo executivo nas seguintes ligazóns:
Informe Completo (inglés)
Resumo executivo (español)

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades