A CMT estima que un 7,9% das microempresas dispoñen dun servizo de banda larga móbil de gran pantalla

Logo osimga
Data
30/05/2012

Segundo un informe publicado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) estímase que o nivel de penetración dos servizos de banda larga móbil (BLM) de gran pantalla  nas microempresas españolas é dun 7,9%, fronte ao 5,5% nos fogares e o 37,2% nas empresas con 10 ou máis traballadores/as. Un 3,5% das microempresas manifesta que accede a Internet utilizando unicamente a banda larga móbil a través dun módem USB.

As microempresas consultadas pola CMT afirman utilizar maioritariamente a banda larga móbil para o correo electrónico (87,5%), buscar información (74,9%) e realizar trámites administrativos en Internet (45,25%).

O nivel de satisfacción dos usuarios cos accesos BLM é inferior ao da banda larga fixa (BLF), cunha diferenza porcentual de 15 puntos aproximadamente. Un 97,3% opina que a conexión móbil é unha vantaxe para acceder a Internet dende calquera lugar e en calquera momento, pero o 65,7% considera que ten menor velocidade que a fixa e que está condicionada polo nivel de cobertura.

Ligazón ao documento

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades