Data
04/10/2012
A CMT destaca que o mercado da telefonía móbil en España aumentou en 28.651 liñas, despois de cinco meses consecutivos de perdas. A caída de liñas de prepago e de datacards compensouse neste mes coa contratación de 121.811 novas liñas de postpago. Dende o inicio do ano 2012 a CMT estima a perda dun total de 1,08 millóns de liñas móbiles. Seguindo esta tendencia negativa do primeiro semestre do ano, a telefonía fixa acumula unha perda de 290.000 liñas neste período.
No mes de xullo de 2012 rexistrouse a perda de 8.775 liñas de Banda Larga, cun volume de mercado de 11,29 millóns de liñas, un crecemento interanual do 3,6% en relación a xullo de 2011 e un nivel de penetración do 24,4%.
Pode consultarse nota mensual da CMT na seguinte ligazón