A Comisión Europea analiza o uso do cloud computing no sector público

A Comisión Europea analiza o uso do cloud computing no sector público
Data
02/12/2013

O estudo titulado “Analysis of cloud best practices and pilots for the public sector” achega unha relación de casos prácticos desenvolvidos por dez Estados membros da Unión Europea en materia de “cloud computing”.
A Comisión destaca o funcionamento da Red SARA, á que están adheridas a Xunta de Galicia e as entidades locais do Estado.
A Red SARA (Sistemas de Aplicacións e Redes para as Administracións) está constituída por un conxunto de infraestruturas de comunicacións e servizos básicos, que conecta as redes das Administracións Públicas do conxunto do Estado e Institucións Europeas, facilitando o intercambio de información e o acceso aos servizos na nube (cloud computing).
 
 
 
Imaxe: Descrición da Red SARA e dos seus elementos de conexión. Fonte: PAe – Portal da Administración Electrónica.
 
En materia de e-goberno, administración electrónica e xestión na nube achégase unha relación de aplicacións dispoñibles a nivel estatal, así como algúns indicadores do seu funcionamento.
Entre as principais vantaxes dos servizos “cloud computing” para xestión dos recursos públicos nos Estados membros da Unión Europea destaca a redución de custos, a mellora da eficiencia enerxética, o incremento da produtividade, a interoperabilidade e a optimización dos recursos humanos. 
Pola contra, os principais riscos están relacionados coa seguridade e a privacidade dos datos a nivel europeo, estatal, autonómico e local.
Pode consultarse o estudo completo na seguinte ligazón:
http://ec.europa.eu/information_society/newsroom/cf/dae/document.cfm?doc_id=3521
A ficha para España está dispoñible nas páxinas 94 a 105 do seguinte documento:
http://ec.europa.eu/information_society/newsroom/cf/dae/document.cfm?doc_id=3522
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades