A Comisión Europea presenta un estudo sobre a identificación electrónica

Logo osimga
Data
20/09/2012

“Study on Impact assessment for legislation on mutual recognition and acceptance of e-Identification and e-Authentication across borders” achega unha análise das cuestións regulamentarias, institucionais, organizativas e tecnolóxicas relacionadas co desenvolvmento da interoperabilidade transfronteiriza no relativo á identificación electrónica “eID”. Así mesmo, avalía o impacto das políticas de identificación no desenvolvemento do mercado único dixital e do acceso aos servizos públicos no conxunto da Unión Europea.

O estudo sitúa a España como un dos Estados membros da Unión Europea con maior penetración da eID no ano 2011, próximo ao 40% da súa poboación, xunto con Estonia, Bélxica e Suecia. No tocante á implantación do e-goberno, España sitúase nun nivel de dispoñibilidade do 95% nos 20 servizos públicos básicos analizados por Eurostat no ano 2010. En base a isto, deféndese a necesidade de facilitar a mobilidade e a tramitación electrónica dos documentos de identificación persoal dentro da  Unión Europa mediante unha análise comparativa dos resultados.

Pode consultarse o estudo na seguinte ligazón

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades