A Comisión Europea destaca o nivel de cobertura de Banda Larga acadado en España no ano 2012. O informe titulado “Broadband coverage in Europe in 2012: Mapping progress towards the coverage objectives of the Digital Agenda”, achega unha cartografía a escala provincial (NUTS3) para monitorizar o cumprimento dos obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa no horizonte 2020.
O conxunto do Estado supera en dous puntos porcentuais a media europea de cobertura de Banda Larga fixa, co 97,6% estatal en relación ao 95,5% europeo.
No ámbito rural o nivel de cobertura sitúase no 96,6%, o que supón 5 décimas por riba da media europea. A maior diferenza rexístrase na cobertura de Banda Larga fixa no medio rural, onde o conxunto do Estado acada o 90,3% fronte a un 83,2% da media europea, completada coas conexións vía satélite ata acadar o 100%.
A cartografía asociada aos datos mostra que as catro provincias galegas sitúanse no mesmo intervalo de cobertura de Banda Larga fixa, cun nivel superior ao 95%.
No tocante ao desenvolvemento das redes de nova xeración identifícase un maior nivel de cobertura no norte peninsular, o que sitúa a Galicia como un dos territorios con mellor dotación de infraestruturas de telecomunicacións neste ámbito de cara ao ano 2020.
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón:
http://ec.europa.eu/information_society/newsroom/cf/dae/document.cfm?action=display&doc_id=3647