A Comisión Europea publica un informe sobre a situación laboral das mulleres no sector TIC

A Comisión Europea publica un informe sobre a situación laboral das mulleres no sector TIC
Data
08/10/2013

O estudo titulado “Woman active in the ICT sector” reivindica unha maior presenza das mulleres no sector TIC a nivel europeo.
A potencialidade económica da incorporación das mulleres ao mercado laboral das TIC e aos postos directivos podería supor un incremento do PIB europeo duns 9.000 millóns de euros anuais, segundo estimacións da Comisión Europea.
Os datos facilitados polo estudo, no marco da Axenda Dixital para Europa e as iniciativas “Women for Smart Growth”, poñen de manifesto as desigualdades existentes neste ámbito. Só o 19,2% dos traballadores e traballadoras do sector TIC teñen unha muller como directiva, fronte ao 45,2% doutros sectores non relacionados coas TIC. Así mesmo, a Comisión Europea considera que as mulleres representan o 31,3% do volume total de empresarios en Europa, fronte ao 19,2% no sector TIC.
Un dos principais factores que condicionan a presenza de mulleres en postos directivos e como emprendedoras está vinculado á formación universitaria. De cada 1.000 alumnas licenciadas só 29 realizaron estudos relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación, tres veces menos que o número de homes.
Os estudos elaborados polo OSIMGA neste ano 2013 afondaron dun xeito significativo na análise da fenda dixital de xénero en Galicia, acorde coas iniciativas desenvolvidas na Digitial Agenda for Europe, a Agenda Digital para España e a Axenda Dixital de Galicia 2014.gal
OSIMGA: “A incorporación das Mulleres Tecnólogas ao mercado laboral en Galicia. As Mulleres na Sociedade da Información”
/export/sites/osimga/gl/documentos/d/20130604_Mulleres_sociedade_informacion.pdf
OSIMGA: “A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero”
/export/sites/osimga/gl/documentos/d/Monografico_fenda_xenero_2012.pdf
COMISIÓN EUROPEA: “Woman active in the ICT sector”
http://europa.eu/rapid/press-release_IP-13-905_en.htm
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades