As empresas de telecomunicacións pechan outro ano á baixa

Logo osimga
Data
04/04/2011

Os ingresos do sector ao longo de todo o ano 2010 sumaron 38.675,84 millóns de euros, case un 4% menos respecto da facturación de 2009. Non obstante non foi un mal ano para todas as operadoras: os ingresos de algunhas superaron os de 2009.
No cuarto trimestre de 2010, caeron os ingresos en todos os sectores (banda larga, telefonía móbil, fixa e audiovisual). Unicamente aumentou a facturación das comunicacións de empresa.
Telefonía fixa
Chamar desde un fixo resultou un 5,5% máis barato (3,92 céntimos de euro/minuto) con respecto ao cuarto trimestre do ano anterior.
A pesar diso, a telefonía fixa continúa o seu declive: a facturación caeu o 7,7%, até os 1.378 millóns de euros, e déronse de baixa case 154.000 liñas respecto das que había a finais de 2009.
Telefónica perdeu case cinco puntos de cota de mercado en telefonía fixa, tanto se se medir en función dos ingresos (75,9%) como en función do tráfico (58,2%).
Telefonía móbil
Os ingresos baixaron un 4,8% até os 3.454 millóns de euros. As operadoras ingresaron un 12,3% menos por chamadas (2.200 millóns de euros) e polo SMS, cunha caída interanual do 19%, até os 317 millóns de euros. Con todo, o filón estivo no tráfico de datos, que proporcionou 523 millóns de euros ás empresas de telecomunicacións, un 30,5% máis.
Como no caso do fixo, o prezo medio das chamadas desde móbil tamén se abaratou: un 9% até os 14,24 céntimos o minuto.
Banda larga
A finais de 2010 había en España 10,46 millóns de liñas de banda larga (case 800.000 máis que en 2009). As liñas de fibra óptica cuadriplicáronse.
Con todo, os ingresos caeron no cuarto trimestre un 0,8% até os 841 millóns de euros. É o segundo trimestre consecutivo con caídas na facturación.
O 70% das liñas en España teñen un largo de banda superior aos 4 Mbps.
De ganancia neta liñas de banda larga no último trimestre (222.310) , Telefónica só se fixo co 20% (44.896). Jazztel gañou (63.962) e Vodafone (47.202).
Audiovisual
O número de aboados á TV de pago aumentou case un 9% até os 4,8 millóns. Destaca, sobre todo, o incremento do 49% dos aboados á TV móbil até superar o medio millón e o número de aboados á TDT de pago, que se duplicou.
 
Máis información: Informe trimestral da Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT)

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades