España que aumenta un 190%, segunda en crecemento de m-commerce europeo no sector viaxes

Logo osimga
Data
30/07/2012

O zanox Mobile Performance Barometer recompila datos de 1.000 programas de anunciantes da rede zanox en Alemaña, Italia, Francia, España, Benelux, Escandinavia e Polonia. Un estudo recentemente publicado fai un exame sobre o uso dispositivos móbiles para as reservas de vacacións: voos, hoteis ou aluguer de coches.
As vendas no sector de viaxes a través de móbiles aumentaron unha media do 190% en Europa e España é uno dos países á cabeza deste incremento. Neste primeiros catro meses de 2012 o crecemento do M-commerce cuadriplicouse en España, cun crecemento do 293% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Só Benelux creceu máis, cun aumento do 520%.

Respecto aos dispositivos, a nivel europeo iPhone e iPad manteñen unha posición dominante aínda que Android vai achegándose e gañando cota de mercado. En España, os dispositivos iOS xeran o 81% das vendas a través de móbiles no sector de viaxes mentres que Android alcanza o 18%.

O iPad converteuse no dispositivo preferido para facer as compras no sector viaxes e superou claramente ao iPhone, xerando o 68% das vendas, cun crecemento do 19%.

As empresas que están a liderar o M-commerce en España son segundo o barómetro de zanox: Linea Directa, MuchoViaje, Halcón Viaxes e Iberia.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades