Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
A ferramenta, denominada Sistema de Indicadores de Xénero e TIC (SIGTIC), pretende ser un avance na medición e análise da situación diferenciada de mulleres e homes na Sociedade da Información. Segundo o equipo de investigación, a aplicación deste sistema permite facer comparacións inter-xénero, determinadas polo grao de e-igualdade; realizar análise intra-xénero, en función do grao de e-inclusión de cada sexo; e contextualizar os resultados obtidos cos correspondentes a 31 países europeos. Ademais, esa perspectiva analítica transnacional concrétase nuns rankings de países e a súa clasificación en cinco categorías en función do nivel de uso de TIC, combinado co grao de igualdade de xénero existente
O traballo dos investigadores españois, publicado na revista Reis, trata o uso e a intensidade de Internet en España e noutros trinta países europeos. Os achádegos apuntan a que os homes españois utilizan Internet con máis frecuencia que as mulleres.
Cordis, o portal da investigación e o desenvolvemento de Europa, fíxose eco desta interesante investigación. Segundo os datos publicados, a comparación das 31 estados apunta a que os homes en España están no posto 17 e as mulleres no 19. Isto deixa a España por baixo da media europea no emprego das TIC. En relación ao nivel de igualdade entre mulleres e homes no ámbito dixital, a sociedade española está aínda peor, no posto 20.
«As mulleres e os homes españois están en desvantaxe respecto da media europea no uso do TIC», explicou Juan Martín Fernández da Universidade Complutense de Madrid, un dos autores do estudo. «No caso das mulleres, a intensidade é menor que a dos homes e a fenda de xénero está por riba da media europea.»
Por países, os que mostran maior inclusión e participación igualitaria no TIC son Dinamarca, Finlandia, Islandia, Noruega, Suecia, Francia, Eslovenia e en menor medida nos Países Baixos. Doutra banda, Alemaña, Luxemburgo e Reino Unido rexistran unha alta inclusión do TIC na vida dos seus cidadáns, pero cunha baixa igualdade de xénero respecto diso.
No medio da táboa atoparíanse países como Hungría, Malta, Portugal e Eslovaquia, mentres que Romanía, República Checa, Bulgaria e en menor medida Bélxica e Polonia teñen unha elevada igualdade no uso por parte de mulleres e homes pero están pouco integradas na súa sociedade. España atópase nos países de cola, xunto con Croacia, Chipre, Grecia, Irlanda, Italia e a antiga República Iugoslava de Macedonia, onde a igualdade e o grao de uso son baixos.
As cidadás españolas tan só están por riba da media en usos concretos como os relacionados coas administracións públicas, o lecer, a saúde e a educación.
«A desvantaxe feminina en uso e intensidade respecto ao resto de europeas predomina sobre os poucos usos nos que mostran vantaxes, de xeito que estas últimas, aínda existindo, están lonxe de compensar ás primeiras», explicou o Dr. Fernández.
Segundo o investigador, a igualdade, a intensidade e a integración de uso do TIC van da man. «Ás veces pénsase que coa extensión das infraestruturas e agardando a que pase o tempo, rematarase coa fenda, mais os nosos resultados amosan que non é así. Son necesarias as políticas activas de promoción para superar esa desigualdade», concluíu.
As Estatísticas Mundiais de Internet reflectiron este ano que a Unión Europea contaba con máis de 338 millóns de usuarios de Internet, cunha penetración na poboación do 67,3 %. Esta cifra é moito maior que a do resto do mundo onde a media sitúase nun 27,3 %.