A análise realizada por Eurostat achega unha actualización dos indicadores sobre o emprego en alta tecnoloxía a escala rexional NUTS2.
No ano 2012, o sector da alta tecnoloxía, supuxo un 2,2% do emprego total do conxunto de sectores de actividade económica, fronte ao 1,7% do ano 2008.
Dende o ano 2009 este indicador mantense nos mesmos valores, entre o 2% e o 2,2%, pero segue situado 1,3 puntos porcentuais por debaixo da media estatal (3,5% en 2012) e 1,7 puntos por debaixo da media da Unión Europea (3,9% en 2012).
Imaxe 1: % do emprego no sector da alta tecnoloxía por CCAA en relación ao emprego total no conxunto de sectores. Fonte: Eurostat.
A nivel estatal, Eurostat destaca que na Comunidade de Madrid o sector da alta tecnoloxía supón un 8% do emprego no conxunto da economía rexional. Pola contra, nas Illas Canarias non supera o 0,8% no ano 2012.
Imaxe 2: % do emprego no sector da alta tecnoloxía nas NUTS2 en relación ao emprego total no conxunto de sectores. Fonte: Eurostat.
Poden consultarse os datos de Eurostat na seguinte ligazón:
http://epp.eurostat.ec.europa.eu/statistics_explained/index.php/High-tech_statistics#Employment_in_high-tech