Galicia, por terceiro ano consecutivo unhas das dúas comunidades con maior crecemento de banda larga

Logo osimga
Data
03/08/2012

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) ven de publicar o informe anual da penetración de servizos finais e infraestruturas de telecomunicacións, un informe que presenta os datos ademais por provincias e CCAA referidos a telefonía fixa, telefonía móbil de contrato, e banda larga, diferenciando neste caso as tecnoloxías utilizadas, par de cobre ou fibra óptica.

No 2011, o número de liñas por cada 100 habitantes en Galicia chegou a 20,4, o que supón un  incremento interanual de liñas de 10,9%, superior ao aumento medio estatal (8,5%) polo que continua a diminución da fenda de penetración e confirma a tendencia para achegarse aos valores doutras comunidades e do Estado (24,2). Outro dato destacado do informe é que Galicia, por terceiro ano consecutivo é a comunidade autónoma con maior crecemento en banda larga.
 
No ranking de liñas por cada 100 habitantes por comunidades autónomas, Galicia avanza un posto, deixando atrás algún dos tres últimos postos dos anos anteriores.
 
No referido ao número de liñas totais contratadas de banda larga, Galicia chegou no 2011 a 554.906 un 20,1% máis que no 2009 antes da posta en marcha do Plan de Banda Larga,  case 5 puntos máis que o número total de liñas do Estado, un 15,3%, que no 2011 sobrepasou por primeira vez, os once millóns de liñas. 

O informe, tamén presenta os datos de contratación por tipo de tecnoloxía, xDSL e fibra óptica/cablemodem. Nesta última, Galicia con 6,8 liñas por cada 100 hab. continúa a ter uns valores de contratación moi superiores á media estatal (4,7). Por provincias, destaca A Coruña, que con 8,7 liñas HFC por cada 100 habitantes é a sexta con maior penetración do Estado.

Outros ámbitos, tamén positivos en Galicia son tanto o número de liñas de móbil contratadas por 100 habitantes, no que se sitúa na metade superior do ranking de comunidades autónomas como nos incrementos interanuais que son maiores que a media estatal.
 
Informe completo
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades