O Strategic Research Center de EAE Business School presenta o estudo “El gasto en videojuegos en España 2013”, onde analiza a situación do mercado dos videoxogos por Comunidades Autónomas.
No conxunto do Estado gastáronse 725 millóns de euros no sector dos videoxogos durante o 2013, o que representa un 6% máis que no exercicio anterior.
Andalucía, Cataluña, Madrid, Comunidad Valenciana e País Vasco concentran o maior volume de gasto total en relación a outras Comunidades Autónomas, pois entre as cinco suman máis do 75% do gasto estatal.
O mercado galego presenta un consumo de videoxogos moderado, próximo aos 33 millóns de euros, recuperando o nivel de gasto anterior á crise económica no 2007. A previsión realizada por EAE estima que no ano 2017 poden acadarse os 39 millóns de euros, no caso de manterse esta tendencia positiva.
Táboa 1: Gasto total en videoxogos por Comunidade Autónoma: Fonte: EAE Business School. (unidade: millóns de euros).
O gasto medio en videoxogos por habitante superou os 12 euros no 2013, recuperando o valor medio do ano 2007 e despois dunha forte caída do gasto por habitante entre os anos 2009 e 2011. A media estatal neste indicador sitúase nos 15,64 euros por persoa, o que supón 3,5 euros máis en relación á media galega no 2013. EAE estima que no ano 2017 o gasto medio por persoa en Galicia pode acadar os 14,22 euros, en consonancia coas previsións de crecemento no gasto a nivel estatal.
Táboa 2: Gasto en videoxogos por habitante e por Comunidade Autónoma: Fonte: EAE Business School. (unidade: euros).
Pode solicitarse o informe completo na seguinte ligazón:
http://www.eae.es/news/2014/02/17/el-gasto-medio-en-videojuegos-por-persona-en-espana-ascendio-hasta-los-15-64