Os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2011 indican que Galicia mantén unha evolución positiva da penetración das TIC entre os galegos pero a súa posición no contexto autonómico no é a desexada.
Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
st1\:*{behavior:url(#ieooui) }
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
Segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) a Comunidade experimenta un crecemento superior á media estatal na contratación e uso de Internet, no equipamento de ordenador e nas compras a través da Rede, mantendo a súa posición destacada no uso da Administración electrónica e das redes sociais. A Comunidade reduciu a fenda dixital coa media estatal en 2,5 puntos no uso de ordenador e en 2 puntos no uso de Internet.
Ademais, os nenos galegos de 10 a 15 anos manteñen a súa vantaxe sobre os do resto do Estado no uso de ordenador, Internet e telefonía móbil e obsérvase unha importante evolución da conexión a Internet nos concellos de menos de 10.000 habitantes que experimentan un crecemento dun 18,6% no último ano.
Equipamento TIC dos fogares galegos
Segundo os datos que ofrece o INE, o 65,3% dos fogares galegos dispón dalgún ordenador, o que supón un incremento do 6% con respecto aos datos do ano anterior. A media estatal (71,5%) rexistrou un incremento (4,1%) inferior á media galega. Por tipo de ordenador, o de sobremesa ou PC está presente no 43,6% dos fogares, mentres que os portátiles atópanse no 45,4%.
A conexión a Internet está presente no 53,3% dos fogares galegos, superando por vez primeira a metade das vivendas de Galicia, fronte ao 63,9% que rexistra o conxunto do Estado. A conexión á Rede en Galicia experimentou un incremento do 9% con respecto a 2010.
Por primeira vez, máis da metade dos fogares de Galicia están conectados á Rede mediante banda larga. Concretamente, o 51,6% dos fogares galegos conéctase a Internet mediante banda larga (un 11% máis ca no ano 2010) mentres que no conxunto do Estado o incremento foi dun 7,8%.
Constátase unha vez máis que aínda que o ritmo de crecemento da conexión de banda larga é superior en Galicia, a nosa Comunidade segue a ocupar os últimos postos no contexto autonómico xa que o 61,9% dos fogares do conxunto do Estado acceden á Rede a través de banda larga, 10,3 puntos porcentuais máis que a media galega.
Cabe salientar que entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia un 18,7% accede mediante conexión móbil de banda larga, 5,6 puntos máis que a media estatal.
O hábitat poboacional segue a ser un dos factores que determinan claramente a fenda dixital existente en Galicia. Así, concretamente para a conexión a Internet, a porcentaxe de galegos con conexión á Rede nos núcleos de poboación de 50.000 a 100.000 habitantes é do 66,1%, 2 puntos por baixo do conxunto do Estado. Nos núcleos de menos de 10.000 habitantes este indicador sitúase no 40,1% en Galicia fronte aos 54,4% do Estado, medrando un 18,6% respecto ao ano 2010.
Uso das TIC
O 62,2% dos galegos e galegas utilizaron o ordenador nos últimos tres meses, un 7,6% máis que no ano 2010, reducindo a diferenza coa media estatal en 2,5 puntos porcentuais. Un 58,5% da poboación galega empregou Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 9,1%, con respecto ao ano anterior. O ritmo de crecemento do conxunto do Estado (4,5%) é inferior ao galego neste período, permitindo reducir a diferenza coa media estatal en 2 puntos porcentuais. Non obstante, a media estatal (67,1%) supera en 8,6 puntos porcentuais á media galega.
A enquisa do INE indica que un dos crecementos máis notables produciuse nas compras a través de Internet. Un 17,7% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo nos últimos tres meses, un 22,9% máis que no ano 2010.
Os datos mostran que Galicia segue por riba da media do conxunto do Estado no grupo de idade de 10 a 15 anos en uso de ordenador, Internet e telefonía móbil, durante os tres últimos meses. A proporción de nenos que usaron o ordenador nos últimos tres meses en Galicia é do 96,7% e do 95,6% para o Estado. Para o uso de Internet nos tres últimos meses, a porcentaxe é dun 88,8%, fronte ao 87,1% do conxunto do Estado.
O uso dos servizos de comunicación avanzada por Internet, por parte dos internautas galegos presenta niveis superiores aos dos internautas do resto do Estado. Un 53,3% dos internautas de Galicia participan nas redes sociais, fronte ao 52,3% da media estatal. Un 75% le ou descarga xornais ou revistas en liña, 5,8 puntos porcentuais por riba da media estatal. Un 69,4% busca na Rede información sobre educación ou formación, 5,9 puntos porcentuais por riba da media estatal. E un 66,2% dos internautas galegos consulta wikis ou enciclopedias en liña, 8,5 puntos porcentuais por riba da media estatal.
A Administración electrónica
Os datos do INE correspondentes ao ano 2011 mostran que Galicia segue a obter bos resultados no uso dos servizos da e-Administración, durante os últimos doce meses. Un 42,9% dos internautas galegos descargou formularios oficiais (7,3 puntos máis que a media estatal) e un 28,6% enviou formularios cumprimentados a través de Internet (3,1 puntos por riba da media estatal). Estes datos sitúan a Galicia como a terceira comunidade autónoma con maior uso da Administración electrónica para descargar formularios oficiais e a cuarta en envío de formularios cumprimentados ás Administracións públicas.