O informe achega valores actualizados a nivel autonómico e provincial, con datos do INE e a CMT. Ademais do último dato existente, tamén e mostra a evolución histórica dos indicadores, permitindo coñecer a situación actual da Sociedade da Información e as Telecomunicacións en Galicia.
Os indicadores relativos ao uso das TIC nas empresas galegas de máis de 10 traballadores mostran unha evolución positiva dende o ano 2008. Actualmente, un 98,8% delas dispón de acceso a Internet, incrementándose 5,4 puntos dende o ano 2008 (93,4%) e 1,5 puntos dende o ano 2011 (97,3%). Entre elas, un 97,6% dispón de Banda Larga, catro puntos máis que no ano 2008.
Neste período tamén incrementou o número de empresas que dispoñen de ordenadores (99,4%), o que supón 1,6 puntos máis que no ano 2008 (97,8%) e 0,8 puntos en relación ao 2011 (98,6%). O mesmo acontece con aquelas que dispoñen de telefonía móbil, que acadan o 94,3% no ano 2012.
O maior crecemento rexístrase na porcentaxe de empresas que utilizan Internet para tratar cos poderes públicos, que actualmente sitúase no 86,1%, aumentando 22 puntos dende o ano 2008 e 5 puntos dende o 2011.
O 69,4% das empresas galegas dispoñen de páxina web segundo o ONTSI, 14,4 puntos máis que no ano 2008 (co 55%). O incremento no uso do correo electrónico situouse nos 6,5 puntos neste período, acadando o 98,4% das entidades no ano 2012.
No ano 2012, un 80% das empresas utiliza algunha tipoloxía de software de código aberto, cinco puntos máis que no ano anterior (75,2).
Poden consultarse os datos achegados polo ONTSI na seguinte ligazón