Galicia rexistra unha evolución positiva nos principais indicadores da Sociedade da Información facilitados polo ONTSI.

Logo osimga
Data
25/10/2012

O informe achega valores actualizados a nivel autonómico e provincial, con datos do INE e a CMT. Ademais do último dato existente, tamén e mostra a evolución histórica dos indicadores, permitindo coñecer a situación actual da Sociedade da Información e as Telecomunicacións en Galicia.
Os indicadores relativos ao uso das TIC nas empresas galegas de máis de 10 traballadores mostran unha evolución positiva dende o ano 2008. Actualmente, un 98,8% delas dispón de acceso a Internet, incrementándose 5,4 puntos dende o ano 2008 (93,4%)  e 1,5 puntos dende o ano 2011 (97,3%). Entre elas, un 97,6% dispón de Banda Larga, catro puntos máis que no ano 2008.
Neste período tamén incrementou o número de empresas que dispoñen de ordenadores (99,4%), o que supón 1,6 puntos máis que no ano 2008 (97,8%) e 0,8 puntos en relación ao 2011 (98,6%). O mesmo acontece con aquelas que dispoñen de telefonía móbil, que acadan o 94,3% no ano 2012.
O maior crecemento rexístrase na porcentaxe de empresas que utilizan Internet para tratar cos poderes públicos, que actualmente sitúase no 86,1%, aumentando 22 puntos dende o ano 2008 e 5 puntos dende o 2011.
O 69,4% das empresas galegas dispoñen de páxina web segundo o ONTSI, 14,4 puntos máis que no ano 2008 (co 55%). O incremento no uso do correo electrónico situouse nos 6,5 puntos neste período, acadando o 98,4% das entidades no ano 2012.
No ano 2012, un 80% das empresas utiliza algunha tipoloxía de software de código aberto, cinco puntos máis que no ano anterior (75,2).
Poden consultarse os datos achegados polo ONTSI na seguinte ligazón

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades