Homenaxe aos portais de Internet pioneiros do dominio *.es

Homenaxe aos portais de Internet pioneiros do dominio *.es
Data
04/07/2014

O ministro de Industria, Enerxía e Turismo, presidiu a homenaxe ofrecida a un centenar de universidades, institucións públicas e empresas procedentes de todas as comunidades autónomas por ser pioneiras no rexistro de dominios de Internet baixo o indicativo *.es, característico do noso país e de uso maioritario en España.

Para organizar esta homenaxe analizáronse os primeiros 200 dominios -*.es que se rexistraron. Deles, un total de 116 manteñen portais de Internet aínda operativos baixo o dominio *.es. Todas as comunidades autónomas están representadas, aínda que a maior parte dos dominios son de Madrid (52). Séguenlle Cataluña (18), Andalucía (11), País Vasco (7), Galicia (6), Valencia (6), Canarias (4), Castela e León (3), Aragón (1), Asturias (1), Balears (1), Cantabria (1), Castela A Mancha (1), Estremadura (1), A Rioxa (1), Murcia (1) e Navarra (1).

Aínda que os dominios *.es foron fundados en 1989, non é até 1990 cando se produce o primeiro rexistro, www.nic.es., creado pola propia entidade xestora destes dominios de Internet. Con todo, o primeiro dominio alleo a este organismo que aínda permanece operativo é www.iac.es, que foi solicitado polo Instituto de Astrofísica de Canarias en 1991

En 2014, os dominios .es superan os 1,7 millóns, 500.000 máis que os .com, e representan 1 de cada 2 dominios de Internet de cuantos existen no noso país.

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades