IAB presenta as tendencias dixitais para o ano 2014

IAB presenta as tendencias dixitais para o ano 2014
Data
29/01/2014

IAB Spain (Interactive Advertising Bureau) publica un documento elaborado polas 16 comisións de traballo da asociación titulado “Top Tendencias 2014”.
Entre os principais datos sobre publicidade, negocio e marketing dixital que achega o informe destaca que o incremento do comercio electrónico no sector da moda e, especialmente, o comercio a través das redes sociais.
IAB indica que no ano 2013 o 14% dos usuarios compraron a través das redes sociais e un 91% valora dun xeito positivo esta operación.
En sintonía con outros estudos de tendencias, IAB refírese ao auxe dos novos elementos móbiles conectados, ao “Internet das cousas” e os “wearables”. Segundo apuntan, un 82% dos usuarios reclama facilitar a conexión a Internet nos vehículos de transporte, un 67% nas gafas e o 64% nas pulseiras ou reloxos.
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades