A Fundación Vodafone España publica un informe sobre o acceso e uso das TIC polas persoas con discapacidade, con especial atención ao uso da telefonía móbil e Internet.
As principais conclusións da enquisa, realizada a persoas con algún tipo de discapacidade visual, auditiva ou de mobilidade, confirman que a incorporación das TIC ao entorno de traballo favorece a súa inserción laboral, unha mellor calidade de vida e maior autonomía persoal.
O uso da telefonía móbil entre as persoas con discapacidade visual, auditiva e de mobilidade é practicamente universal, cun 91,4% de media, pero o uso de Internet non acada o 35%.
Estímase que a adaptación das TIC ás persoas con discapacidade pode reducir o seu prezo nos vindeiros anos, o que facilitaría a accesibilidade deste colectivo a Internet e ao mercado laboral.
Actualmente só unha de cada catro persoas con discapacidade (o 23,8%), de entre 18 e 64 anos, dispón de traballo.
Pode consultarse o informe na seguinte ligazón:
http://fundacion.vodafone.es/fundacion/es/conocenos/difusion/publicaciones/publicaciones/acceso-y-uso-de-las-tic-por-las-personas-con/