Incrementa 3,3 puntos a porcentaxe de usuarios de Internet en Galicia

Incrementa 3,3 puntos a porcentaxe de usuarios de Internet en Galicia
Data
29/11/2013

A Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) publica os datos correspondentes á Audiencia de Internet no Estudio General de Medios de outubro e novembro de 2013.
No conxunto do Estado estímase que o 66,5% da poboación conectouse a Internet durante o último mes, o que supón 5 puntos máis que no mesmo período de 2012.
Un 94,6% dos usuarios conectáronse a Internet dende a casa no último mes, o que supón 3,5 puntos máis que no mesmo período de 2012. O maior incremento rexístrase nas conexións dende a rúa ou medio transporte, que aumenta 10 puntos porcentuais dende principios do ano 2013, do 20,1% ao 30,1%, o que confirma a tendencia cara un maior uso de dispositivos móbiles para conectarse a Internet.

Gráfica 1: Lugar de acceso a Internet dos usuarios no último mes (%). Fonte: EGM
 
A análise por Comunidades Autónomas mostra o crecemento rexistrado en Galicia para este indicador durante os últimos 7 anos.
 

Gráfica 2: Evolución dos usuarios de Internet no último mes en Galicia (%). Fonte: EGM
No ano 2013 estímase que un 54,3% da poboación conectouse a Internet no último mes, o que supón 3,3 puntos máis que no mesmo período do ano anterior e 21,3 puntos máis que no ano 2007.
Pode consultarse todos os datos na seguinte ligazón:
http://www.aimc.es/spip.php?action=acceder_document&arg=2443&cle=8c9f65528fd138df45eae1d62f2438742c2f6ae8&file=pdf%2Finternet313.pdf
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades