Incrementa un 13,4% o volume de facturación no comercio electrónico B2C

Incrementa un 13,4% o volume de facturación no comercio electrónico B2C
Data
20/11/2013

ONTSI presenta o Estudo Anual sobre Comercio Electrónico B2C, correspondente á edición 2013.
O comercio electrónico “Business-to-Consumer” (B2C) continúa medrando no conxunto do Estado e acada o 12.383 millóns de euros no 2012, incrementando un 13,4% dende o ano anterior e duplicando o importe acadado no ano 2006.
Esta evolución positiva débese en boa medida ao incremento do 15% no número de internautas compradores, estimado en 15,2 millóns no ano 2012, fronte aos 13,2 millóns do ano anterior.
Un 13,8% dos usuarios de comercio electrónico realiza compras a través de dispositivos móbiles ou tabletas (mCommerce), o que supón preto de 5 puntos máis que no ano 2011. De todos xeitos, as compras seguen a realizarse dende o fogar, como opción prioritaria, superando o 95% dos casos.
Redúcese un 1,4% o gasto medio por usuario de comercio electrónico no 2012, estimado en 816 euros (828 euros en 2011). Redúcese tamén sensiblemente a idade media do comprador, cun perfil máis novo, maioritariamente homes (o 59,9%), que habitan en poboacións de 10.000 a 50.000 habitantes (o 31%).
Como xa é habitual, billetes de transporte e reservas de aloxamento consolídanse como os produtos máis demandados nas compras a través de Internet.

 
Imaxe: Relación dos produtos máis demandados polos usuarios do comercio electrónico 2012, en relación ao 2011.
Fonte: ONTSI

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades