A industria española dos contidos dixitais supera por primeira vez á dos contidos tradicionais

Logo osimga
Data
29/11/2011

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

Os sectores audiovisual e do cinema son os motores da industria dixital, xa que supoñen un 44 % e un 28,2 % respectivamente do total do negocio. Séguenlle a publicidade dixital, cunha facturación que supón o 8,8 %, o sector das publicacións, cun 8,5 %, o dos videoxogos, cun 6,9 % e o da música, cun 2,1 %.

O sector audiovisual rexistrou unha facturación de 4.016 millóns tras medrar o 23 %, impulsado polo apagamento analóxico e entrada da TDT, que xa supón case o 60 % do negocio. Para o ONTSI, o futuro deste sector pasa polo crecemento da televisión en Internet (IPTV), que xa rexistra unha taxa de subida do 23 %, e da combinación de televisión e Internet nun mesmo dispositivo, o que incidirá na participación dos usuarios.

O negocio do cinema e o vídeo ingresou 2.571 millóns de euros, un 5,1 % máis que en 2009, e detectouse un maior consumo de vídeo a través de internet, que en España xa se sitúa en 16 horas ao mes por usuario. De feito, a visualización de vídeo constituíu a principal causa de crecemento do tráfico de Internet e cabe resaltar o aumento nun 68,4 % do número de salas dixitais, até as 495, que contribuíu a "consolidar o sector" debido principalmente á adopción de tecnoloxías como o 3D.

Pola súa banda, as publicacións dixitais ingresaron 780 millóns de euros, un 6,3 % máis que en 2009, sendo os xornais e os libros os negocios que rexistraron a maior facturación -43,8 % e 27,3 %-. En 2010 tres de cada catro firmas editoras emprendeu un proceso de dixitalización.

A publicidade dixital, conseguiu uns ingresos de 799 millóns de euros, un 22,1 %. A pesar de que a actividade publicitaria para móbiles só constituíu un 1,2% do negocio.

A pesar da súa relevancia relativa na facturación global dos contidos dixitais, a música dixital facturou un 10 % máis (192 millóns).

A música descargable só supuxo un 15,1 % dos ingresos, fronte ao 38 % dos ingresos procedentes da venda de CD. A música en "streaming" xa constitúe case o 42 % do apartado de descargas, seguido do 23,1 % das descargas de pago, do 18,1 % das subscricións a servizos musicais e do 16,9 % da música consumida en móbiles.

O sector dos videoxogos é o único que decreceu durante 2010, en concreto un 0,4 % até os 631 millóns de euros. O 93 % do negocio correspondeu a xogos para consolas e o 7 % restante, a títulos para PC. O informe destaca unha suba do consumo "online" de videoxogos, atribuida á presenza de títulos na nube e nas redes sociais.

O 8,4 % dos cidadáns xa ten un blogue
O informe indica que ao longo de 2011 o 91,5 % dos españois de entre 16 e 74 anos consumiu algún tipo de contido dixital e que o 55,6 % dos internautas é usuario activo dalgunha rede social. Ademais, o 8,4 % dos españois xa ten un blogue. Cada día, o 27,2 % dos españois consome publicacións en liña e o 18,5 %, música, mentres que o consumo diario de vídeos e videoxogos "en liña" limítase ao 3 %.
"Informe Anual de los contenidos Digitales en España 2011"

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades