INE publica un boletín específico con indicadores de comercio electrónico

INE  publica un boletín específico con indicadores de comercio electrónico
Data
06/02/2014

O boletín informativo do Instituto Nacional de Estadística (INE) resume os principias indicadores do comercio electrónico en España e na Unión Europea.
INE destaca o aumento no uso do comercio electrónico por parte da poboación e das empresas españolas dende o ano 2007, pero amosa que os obxectivos establecidos na Agenda Digital para España, para o ano 2015, aínda están lonxe de acadarse.
Un 31,5% da poboación do conxunto do Estado, de entre 16 e 74 anos, realizou algún tipo de compra online durante o ano 2013 segundo o INE. Nas Comunidades Autónomas esta porcentaxe amosa importantes desequilibrios territoriais neste período, ao igual que entre os 28 Estados membros da Unión Europea.  

Os obxectivos de cara ao 2015:
-         Un 50% da poboación realizando compras online
-         Un 20% da poboación realizando compras online transfronteirizas
-         Un 33% das pequenas e medianas empresas (PEMES) vendendo e mercando online
Pode consultarse o boletín do INE nesta ligazón:
http://www.ine.es/ss/Satellite?c=Page&p=1254735116567&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout&cid=1254735116567&L=0
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades