O informe de e-confianza elaborado por INTECO confirma que un 58,4% usuarios de Internet enquisados nos fogares perciben situacións fraudulentas, principalmente a través de mensaxes que incitan a realizar operacións comerciais e bancarias. Os usuarios identifican as situacións de intento (non consumado) de fraude máis frecuentes na recepción de correos electrónicos con enlaces a páxinas web sospeitosas (43,3%) ou de promoción de servizos non solicitados (32,7%).
No terceiro cuatrimestre de 2011 os principais formatos utilizados nas mensaxes con apariencia sospeitosa son, nun 39,8% dos casos, enlaces a páxinas de comercio electrónico e de entidades bancarias, seguidas das loterías (30,8%), as mensaxes procedentes doutros usuarios (31,4%) e das redes sociais (26,1%).
A incidencia da fraude con impacto económico mantense en niveis inferiores ao 5%. Rexístrase un cambio positivo nas contías defraudadas, que tenden a ser cada vez de menor importe, non superando os 400 euros nun 93,3% dos casos. A pesar dos riscos existentes, máis dun 70% manifesta non modificar os seus hábitos de comercio electrónico e da banca online, o que demostra a confianza neste tipo de operacións na Internet e unha actitude máis participativa por parte dos usuarios na deteccións das fraudes.
Pode consultarse o informe na seguinte ligazón: