INTECO publica o estudo sobre cloud computing no sector público

Logo osimga
Data
03/07/2012

O Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (INTECO) publica o “Estudo sobre o cloud computing no sector público en España”, co obxectivo de identificar e analizar o posicionamento das administracións e empresas públicas españolas usuarias da tecnoloxía baseada no cloud computing.

INTECO estima que as administracións públicas que o adoptaron perciben o aforro de tempo e custos como principais beneficios deste modelo tecnolóxico, co 66,5% e o 53,7% respectivamente, seguidos da ampliación dos servizos ofrecidos polo organismo (51,2%) e da mellora da produtividade xeral (47,2%).

O informe considera que a implantación do cloud computing nas administracións públicas é limitado (33,4%); sendo máis habitual o seu uso nas administracións locais, onde acada ata o 34,2%, fronte ao 28,7% na administración autonómica e o 23,4% na estatal.

Máis do 50% das entidades enquisadas por INTECO coñece esta tecnoloxía, pero só o 15,6% afirma coñecela en profundidade. As principais preocupacións dos usuarios están relacionadas coa seguridade, a protección e o control de datos confidenciais. Neste senso, o 29,5% dos organismos públicos afirman que a integridade de servizos e datos dificultaron moito ou bastante a adopción das tecnoloxías cloud computing. A pesar dos riscos indicados, un 75,8% valora positivamente o servizo e considera cumpridas as súas expectativas.

Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón:

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades