INTECO publica un estudo sobre a seguridade da información nas pemes

Logo osimga
Data
02/10/2012

O Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación (INTECO) publica o “Estudo sobre seguridad de la información y continuidad de negocio en las pymes españolas” (2012).

INTECO estima que 1 de cada 4 pequenas e medianas empresas do Estado (o 26,1%) experimentou no último ano un incidente de seguridade da información. As incidencias máis habituais están asociadas ao malware (14,7%) e o correo electrónico non desexado ou spam (11,9%). No caso dos dispositivos móbiles, están relacionadas coa perda ou roubo do terminal (co 7,2% e 7,1% respectivamente).

Programas antivirus e devasa (cortafuegos, firewall) son ferramentas de seguridade de uso xeneralizado no equipamento informático das pemes, cun nivel de penetración do 96,1% e o 75,4% respectivamente.

Un 56,3% das empresas enquisadas dispoñen de recursos humanos, maioritariamente externalizados, destinados á seguridade da información. Neste senso, o 21% destina persoal interno fronte ao 35,3% que dispón dunha empresa externa.

O informe recolle que un 70% das empresas enquisadas percibe unha mellora na seguridade, pero o 55,6% delas desconfía das redes sociais como medios de comunicación nas empresas. O uso de servizos TIC como a banca electrónica (69,8%), a páxina web da empresa (55,5%) e a e-Administración (51,9%) consolídanse nas pemes, fronte a outros con menor utilidade como a factura electrónica (20,3%), a e-contratación (17,7%) e a venta online (14,5%). 

INTECO formula unha serie de recomendacións que están dirixidas ás pemes, á industria de seguridade e ás administracións públicas, coa finalidade de asesorar, establecer prioridades, asignar os recursos e focalizar os resultados que esixe a xestión da seguridade e a continuidade do negocio.

Pode consultarse o estudo de INTECO na seguinte ligazón

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades