Internet e a telefonía móbil gañan protagonismo no gasto dos fogares

Internet e a telefonía móbil gañan protagonismo no gasto dos fogares
Data
18/11/2013

ONTSI publica o informe “Las TIC en los hogares españoles. Estudio de demanda y uso de Servicios de Telecomunicaciones y Sociedad de la Información”, que compila os datos obtidos no Panel de Fogares durante os últimos oito anos.
A evolución do consumo en TIC nos fogares foi positiva dende o ano 2004, a pesar das flutuacións na economía. Deste xeito, incrementouse nun 33,2% o gasto en servizos TIC ata acadar os 3.155 millóns de euros no ano 2012.
 
Imaxe: Gasto total en servizos TIC 2004 – 2012 (en millóns de €)
 
Internet e a telefonía móbil rexistraron un incremento de 40 e 16 puntos porcentuais respectivamente nos fogares dende o ano 2004, o que confirma o incremento da conectividade e un maior consumo dos servizos TIC dos membros da unidade familiar. Máis da metade dos fogares dispoñen de servizos empaquetados, o 44% con telefonía fixa e Internet.
A poboación usuaria de Internet nos fogares incrementou 28,1 puntos porcentuais e acada o 69,9% en 2012. A frecuencia coa que os usuarios acceden a Internet está a reducirse, de xeito que un 58,2% dos enquisados recoñece conectarse na última semana.
Actualmente, a metade dos usuarios de Internet utilizan as redes sociais.
Pode consultarse o informe na seguinte ligazón: 
http://www.ontsi.red.es/ontsi/sites/default/files/informe_recopilatorio_2004-2012_las_tic_en_los_hogares_espanoles.pdf
 
 
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades