A inversión en publicidade dixital en Europa ascendeu a 20.900 millones no 2011

A inversión en publicidade dixital en Europa ascendeu a 20.900 millones no 2011
Data
26/07/2012

IAB España, unha asociación que representa a industria da publicidade, marketing e comunicación dixital en España, presentou o documento completo referido ao 2011 onde destaca que as ligazóns patrocinadas en buscadores seguen a ser o formato en que máis usado e responsable do 46% do investimento total. En segundo lugar, con 33,6% do investimento, estivo o formato display, e finalmente, co 19,3% os anuncios clasificados e directorios.

En relación coas ligazóns patrocinadas nos buscadores Reino Unido ocupa o primeiro lugar  con 3.187 M €,  seguido de Alemaña con 1.868 M €. España con 460 M € colócase en sexto lugar no ránking europeo. Polo que se refire ao formato display Alemaña é o líder europeo con 1.379 millóns de euros, segundo Reino Unido (1.299 M €), España está en sétimo lugar, cun investimento de 402 M €. Por último, en canto aos clasificados e directorios o mercado está liderando polo Reino Unido con 905 M €, seguido por Francia (739 M €) e Alemaña (712 M €), neste caso, España está na posición décimocuarta cun investimento de 64 M €.
Aínda que o investimento en publicidade dixital en Europa é unha figura nada desprezable, Estados Unidos está un pouco por riba, alcanzando os 24.500 millóns de euros. A diferenza débese non só á boa saúde da industria dixital de Estados Unidos, senon tamén as primarias presidenciais que se realizaron o ano pasado.
Informe Completo
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades