iRedes achega unha versión actualizada do Mapa das Redes Sociais, coincidindo co III Congreso Iberoamericano de Redes Sociais organizado esta semana na cidade de Burgos.
O mapa ofrece información de utilidade sobre o volume de usuarios e a potencialidade das redes sociais, clasificadas segundo as características do servizo ofrecido aos usuarios: redes xerais, temáticas, radio e música, vídeo e fotos, citas e chats.
Entre as redes sociais de carácter xeral destaca Facebook, con máis de 1.000 millóns de usuarios, que concentra 1/3 do volume mundial. Así mesmo, o mapa confirma o extraordinario crecemento das redes chinesas QQ e Sina Weibo, que xa se sitúan en segundo e cuarto lugar na clasificación global con 700 millóns e 400 millóns de usuarios respectivamente. Twitter sitúase en terceiro lugar con 500 millóns de usuarios.
A categoría de vídeo está practicamente monopolizada por Youtube, con 800 millóns de usuarios. Na categoría de chats destaca Skype, en radio e música Last.fm e Spotify respectivamente, nos negocios e o emprego Linkedin seguida de Xing entre outras redes temáticas.
Pode consultarse o mapa completo e ver as conferencias del III Congreso Iberoamericano de Redes Sociais en streaming na seguinte ligazón: