Máis de 16,5 millóns de persoas acceden a Internet diariamente

Logo osimga
Data
25/01/2012

Un ano máis o ONTSI presenta o seu Perfil sociodemográfico dos internautas. O estudo, realizado grazas a un convenio co Instituto Nacional de Estatística,  utiliza os datos da “Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de la Información y Comunicación en los hogares 2011” do INE.


Número de internautas, frecuencia de uso e actividades de Internet

O informe destaca que xa son 16,5 millóns de persoas de 16 a 74 anos as que se conectan a Internet diariamente. Case 27 millóns de persoas de 10 anos e máis accederon a Internet nalgunha ocasión.

A consulta do correo electrónico (95,1%) e o emprego de buscadores (76,4%), encabezan as prioridades das persoas que acceden a Internet. O 75,3% dos internautas de 16 a 74 anos len noticias a diario na Rede.  Esta é a terceira actividade máis practicada polos internautas con maior periodicidade, por diante das actividades de formación (70,2%), a consulta de "wikis" (67,9%) e viaxes e aloxamento (66,1%).

Segundo o informe do ONTSI, a frecuencia diaria de consulta en liña de noticias experimentou un incremento interanual do 4%, a frecuencia semanal un 1% (até o 51,6%) e a que se fai "non todas as semanas" un 6% (35,6%).

As actividades de formación en Internet experimentan un incremento interanual de 10 puntos porcentuais entre os internautas que utilizan a rede diariamente

O ONTSI tamén salienta que as procuras en Internet relacionadas con temas de saúde son máis frecuentes entre os internautas que acceden con menor periodicidade.
 
Uso de Internet por características sociodemográficas

  • A porcentaxe de homes que acceden a Internet con frecuencia semanal sitúase no 64,6%, algo máis de cinco puntos porcentuais que no caso das mulleres.
  • Os estudantes e ocupados son os que máis se achegan á Rede, independentemente da frecuencia de uso. 
  • En capitais de máis de 500 mil habitantes a porcentaxe de uso de Internet está 7 puntos porcentuais por riba da media.

 
Características sociodemográficas da poboación internauta

  • Sete de cada dez internautas teñen menos de 45 anos, independentemente da súa frecuencia de acceso
  • Seis de cada dez internautas están ocupados e tres de cada dez teñen estudos universitarios, independentemente da súa frecuencia de acceso
  • A proporción de internautas con frecuencia de acceso semanal en ámbitos rurais e en capitais con máis de cincocentos mil habitantes é practicamente a mesma

 
Evolución da porcentaxe de internautas

En 2011 sete de cada dez persoas de entre 16 e 74 anos conectáronse a Internet nalgunha ocasión, experimentando un incremento interanual de 2,3 puntos porcentuais.

  • A maior variación interanual dáse nas mulleres con frecuencia de acceso semanal, 4,1 p.p.
  • Os internautas de acceso semanal de entre 35 e 44 anos increméntanse en 5,5 p.p. nun ano
  • Os ocupados por conta propia que acceden semanalmente á Rede crecen 4,8 p.p. nun ano
  • Os internautas con estudos de primaria experimentan un incremento interanual de 5,9 p.p.
  • A idade e o nivel de estudos son as variables que máis diferenzas marcan na evolución da porcentaxe de internautas no últimos seis anos
  • A porcentaxe de internautas de último mes experimentou maiores crecementos entre as persoas con primeiro de secundaria e aquelas entre 35 e 54 anos
  • Diminúen as diferenzas entre os incrementos da porcentaxe de internautas semanais por categoría sociodemográfica

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades