Nova sección na web de OSIMGA con vídeos divulgativos sobre estatísticas e informes

Nova sección na web de OSIMGA con vídeos divulgativos sobre estatísticas e informes
Data
11/04/2024
Localización
Galicia

Creamos unha nova sección na web OSIMGA.GAL onde se irán colgando vídeos explicativos dos resultados dos informes realizados polo Observatorio. Presentarán datos destacados das estatísticas e informes da sociedade dixital que se vaian publicando. A sección está accesible dende o menú principal de OSIMGA.GAL ou na seguinte ligazón.

No primeiro vídeo presentamos o Observatorio, explicando os tipos de análises, os documentos publicados, as metas e as tarefas máis destacadas que facemos dende OSIMGA. Estamos preparando máis vídeos sobre a Administración electrónica na Xunta de Galicia e sobre competencias dixitais da poboación.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades