O 47% das maiores empresas da UE acceden a Internet a través dunha conexión móbil de banda larga.

Logo osimga
Data
14/12/2011

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O 95 % das empresas europeas (UE-27) de máis de 10 empregados/as contaba en xaneiro de 2011 cun acceso a Internet, o 87 % delas mediante unha conexión fixa de banda larga, cun aumento de tres puntos porcentuais desde 2010 (84%).
Segundo Eurostat, as empresas da UE utilizan Internet para presentar información sobre a compañía a través dunha páxina web, ofrecer a posibilidade de comprar os seus produtos en liña ou utilizar os servizos electrónicos das administracións públicas. A maior parte das empresas de máis de 10 empregados/as utilizaba Internet en 2010 para acceder á administración pública en liña: o 74 % das compañías obtivo información neses sitios web e o 69 % encheu formularios a través da vía electrónica.
A proporción de empresas que utilizan conexións móbiles de Internet de banda larga incrementouse en todos os estados membros entre 2010 e 2011, e as maiores subidas rexistráronse en Estonia (do 9 % ao 48 %), Alemaña (do 22 % ao 57 %), Grecia (do 6 % ao 38 %) e Francia (do 28 % ao 60 %).
Doutra banda, en xaneiro de 2011, o 69 % das firmas europeas tiña unha páxina web (en 2006 eran o 62 %), pero só un cuarto delas (o 17 %) permitía adquirir ou reservar os seus produtos en liña.
A proporción de empresas que dispuñan dunha páxina web variaba moito dun Estado membro a outro en xaneiro de 2011. Os países onde había máis compañías con sitio web eran Finlandia (o 93 % do total das firmas) e Dinamarca e Suecia (89 % cada un), e, onde menos, en Romanía (34 %) e Bulgaria (45 %).
Segundo este estudo, o 97% das empresas de España teñen acceso a Internet, dous puntos porcentuais por riba da media da UE-27 (95%). En España, o 96 % das empresas teñen unha conexión fixa de banda larga. Coa media europea (47%), case a metade das empresas de 10 e máis empregados acceden a Internet a través de banda larga móbil, fronte ao 35% do ano anterior.
Eurostat, afirma que un 64% das empresas do conxunto do Estado español dispuñan de páxina web, fronte ao 69% das empresas da Unión Europea, mais apenas o 10 % destas empresas españolas a usa para a venda ou reserva dos seus produtos en liña. Un 74% das compañías obtén información das páxinas web das autoridades públicas.
ICT usage in enterprises 2011

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades