Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
st1\:*{behavior:url(#ieooui) }
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
O informe, que ofrece unha análise dos resultados da “Enquisa ás empresas sobre a Sociedade da información en Galicia” na información relativa á utilización do Software Libre, foi elaborado polo OSIMGA, en colaboración coa Oficina de Coordinación FLOSS. Este proxecto forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia.
O traballo de campo contou coa realización de 412 enquisas entre as empresas de 10 a 249 asalariados/as. Estas enquisas teñen como período de referencia a totalidade do ano 2010.
A previsión das empresas
A opinión das empresas enquisadas foi mudando nos últimos anos, mais a tendencia segue a ser que o Software Libre aumentará a súa presenza no mercado (53,4%), mentres que a porcentaxe que opina que diminuirá é moito menor: apenas un 4% opina que ocorrerá isto. De feito, a previsión do desenvolvemento de Software por parte das propias empresas galegas foi en lixeiro aumento dende o 2008, pasando do 12,3% ao 13,5% en 2010.
Un 54,5% das empresas de Servizos enquisadas considera que aumentará o uso do Software Libre no mercado.
O 66,7% das empresas máis grandes (de 100 a 249 traballadores/as) ofrece unha estimación máis favorable respecto ao posible aumento do uso do Software Libre no futuro.
As empresas de Ourense rexistran a percepción máis positiva da evolución do Software Libre no mercado, cunha previsión por parte do 58,3% das empresas de que aumentará o seu uso.
Desenvolvemento de software
As empresas que desenvolven a súa actividade en Galicia e que teñen a súa sede central fóra, son as que en maior medida prevén un desenvolvemento do Software, cun 27,3%, mentres que na provincia de Lugo só apenas o 10,4% considera que se pode producir este desenvolvemento.
Segundo o número de asalariados/as, as empresas de 100 a 249 traballadores/as son as que en maior medida prevén facer algún tipo de desenvolvemento relacionado co Software, cun 26,3%, mentres que nas de 10 a 49 traballadores/as so un 10,8% opina que se producirá dito desenvolvemento.
O 16,5% das empresas que se dedican ao sector Servizos opinan que levarán a cabo algún desenvolvemento do Software Libre, mentres que na Construción e na Industria esta porcentaxe é menor, arredor do 10%.
O 58,2% das empresas galegas considera que é positivo levar a cabo algún desenvolvemento que dea lugar a produtos de Software Libre, mentres que apenas o 4,9% considera que é un aspecto negativo para as empresas.
Accións comerciais
As accións comerciais que reciben as empresas tanto de Software Libre como de Software Propietario foron maiores no 2010 que no 2008. No 2010 as accións comerciais referidas ao Software Libre representaban o 15,4%, fronte ao 55% de Software Propietario.
O 25,0% das empresas da provincia de Ourense recibiron accións comerciais dirixidas a promocionar o Software Libre.
O sector Servizos é o que máis información comercial recibe sobre Software Libre e Propietario cunhas porcentaxes do 16,9% e do 58,2% respectivamente.
A información comercial recibida parece aumentar a medida que o fai o tamaño da empresa; deste xeito as empresas de 100 a 249 traballadores/as son as que máis información recoñecen recibir, cun 27,8% sobre Software Libre e un 77,8% sobre Software Propietario. As empresas que reciben menos información deste tipo son as de 20 a 49 traballadores/as (11,8% en Software Libre e 57,4% en Software Propietario).
Medidas de impulso
As empresas enquisadas opinan que as accións máis apropiadas para promover o Software Libre no tecido empresarial son, entre outras, a demostración do funcionamento de produtos deste tipo (50,1%), as axudas e subvencións (49,1%), o asesoramento ao caso concreto da empresa (42%) e a formación aos usuarios en Software Libre (40,5%).
Por provincias, as accións máis demandadas para promover o Software Libre nas empresas, ademais das demostracións deste tipo de produtos, son as axudas e subvencións na Coruña (49,1%), o asesoramento en cada caso concreto en Lugo (53,8%), e as axudas e subvencións en Ourense e Pontevedra (cun 57,6% e 43,8% respectivamente).
As demostracións de produtos de Software Libre son máis demandadas nas empresas do sector Servizos (45,5%), mentres que as xornadas de divulgación son máis citadas na Industria e na Construción cuxas procentaxes están arredor do 25%.
Segundo o número de asalariados/as, a demanda de accións baseadas na demostración de produtos de Software Libre e subvencións son maiores nas empresas de 20 a 49 traballadores/as, cun 55,9% e un 54,8% respectivamente.
Resumo executivo (pdf, 3,26 MB)
Descargar informe completo (pdf, 3,18 MB)