Xa son case dous terzos dos internautas (concretamente o 64,0%) os que se conectan a través do móbil. O acceso faise cada vez máis frecuente, de xeito que o 58,1% das persoas que se conectan por móbil a Internet acceden varias veces ao día través do mesmo.
Entre as actividades máis comúns que se realizan en Internet a través do teléfono móbil destaca o uso da mensaxería instantánea: o 61,4% dos usuarios que acceden a Internet a través desta vía recoñece telo utilizado nos últimos 30 días. Outras actividades realizadas por Internet a través do móbil que presentan fortes incrementos respecto da pasada edición son o uso de redes sociais, que aumenta máis de 10 puntos en só un ano (64,1% fronte ao 53,5% de 2010) e subir fotos (33,7% fronte ao 23,7% do pasado ano). Destacan entre outras actividades, navegar pola web (81,9%), e-mail (80,9%), lectura de novas (52,3%), visualización de vídeos (43,0%) e consultas ou transaccións bancarias (30,8%).
No caso das ‘tablets’, o seu uso duplícase con respecto ao ano pasado e xa é mencionado polo 14,3% dos enquisados. As actividades máis comúns son: navegar (90,8%), correo electrónico (81,8%), lectura de novas (71,6%), visualización en liña de vídeos (64,5%) e acceso ás redes sociais (64,2%).
As redes sociais seguen gañando adeptos ano tras ano e xa son o 68,4% os internautas que declaran utilizalas a diario, fronte ao 60,3% de hai un ano, o 43,5% de fai dous e o 28,6% de fai tres. As relacións de amizade sitúanse como o uso principal deste fenómeno cun 84,1%, seguido de compartir afeccións - 'hobbies' - (36,7%) e as relacións laborais cun 31,7%.
O 58,2% dos enquisados considera que debería establecerse unha regulación para restrinxir o uso excesivo que se fai dos testemuños - 'cookies' - . Un 12,4% opina que mesmo deberían prohibirse, mentres que un 21,6% non lles preocupa ou descoñecen este tema e non teñen unha opinión formada respecto diso.
Por primeira vez o navegador máis empregado para realizar a enquisa non é Internet Explorer, utilizado polo 30,1% dos enquisados (-7,6 puntos respecto ao ano anterior), senón Firefox, que lle arrebata por moi pouco a primeira posición cun 31,6% (-5 puntos respecto ao ano anterior).
O custo de Internet é un dos principais problemas da Rede para o 55,1% dos enquisados, aínda que descende 2,7 puntos respecto de 2010. O exceso de publicidade na Rede sobe da terceira á segunda posición do ranking cun 52,5%. O terceiro problema que identifican os internautas é a velocidade de conexión desde casa, que, por outra banda, aumenta (os que gozan de 9 megas ou máis aumentan 12,7 puntos respecto de 2010, alcanzando o 48,2%).
O 50% dos internautas escolle como modelo de acceso aos contidos protexidos por copyright (música, filmes, software) o acceso de balde sen cortes publicitarios, aínda que baixa 11,4 puntos respecto de dous anos antes: o 30,8% xustifica esta escolla por existir xa un ‘canon por copia privada’, mentres que o 19,2% cre que ademais se debería eliminar ese canon. En calquera caso, o canon segue a ser moi impopular xa que o 59,5% (-3.5 puntos respecto ao pasado ano) dos enquisados móstrase moi desfavorable.
O 17,4% dos enquisados descargou libros en Internet nos últimos 30 días. Deles, o 16,5% pagou algunha vez por facelo no último mes. Para ler as edicións en liña dos xornais, o computador (sobremesa, portátil ou 'netbook') é o equipo máis utilizado, empregado polo 93,4% dos enquisados. Un 34,4% tamén utiliza o teléfono móbil e un 12,9% a ‘tablet’.
14ª Enquisa a Usuarios de Internet ‘Navegantes en la Red’