O 72% dos internautas considera que a Rede é adictiva

Logo osimga
Data
28/04/2011

Tamén é moi alta a cantidade de usuarios que pensan que Internet lles axuda a formarse, cifra que chega ao 90%, case cinco puntos máis que o pasado ano. Tanto neste caso como no anterior, a porcentaxe non baixa do 90% no tramo de idade que vai desde os 21 até os 50 anos de idade.
O 'Estudio de Hábitos de Internet' achega ademais outros datos significativos. O 72,3 dos usuarios considera que a Rede é adictiva, mentres que o ano pasado considerábao un 67,2%. A percepción de Internet como un elemento adictivo medra fundamentalmente no tramo 21 a 50 anos, mentres que diminúe entre os maiores de 50.
Doutra banda, até un 62% -catro puntos porcentuais máis que o pasado ano- cre que Internet lle axuda nas súas relacións sociais. Aquí, a porcentaxe maior dáse entre os menores de 16 anos, mentres que o crecemento fundamental en relación ao ano pasado prodúcese entre os maiores de 50 anos.
O estudo de Ocio Networks indica o alto grao de dependencia que temos de Internet no noso día a día. Así 8 de cada dez internautas está bastante ou totalmente de acordo coa afirmación de que Internet é un medio imprescindíbel. O ano pasado considerábao así 7 de cada dez usuarios. Ademais un 75,1% dos usuarios está de acordo con que é imprescindíbel para o seu traballo.
Diferenzas segundo os hábitos de navegación
Existen pequenas diferenzas de apreciación no papel que desempeña Internet diariamente en función dos distintos hábitos dos usuarios. Así, entre os usuarios de redes sociais percíbese Internet como un medio máis adictivo -un 73,3% fronte a un 67,3% dos internautas que non son usuarios de redes sociais- e que lles axuda nas súas relacións sociais -un 65,5% fronte ao 43,8%. É máis, entre os que non son usuarios das redes sociais cae máis de 7 puntos porcentuais o número de persoas que consideran que Internet lles axuda nas súas relacións sociais.
En función da disposición ou non de conexión a Internet a través do seu teléfono móbil tamén se producen algunhas diferenzas sensíbeis. Así, aqueles que non dispoñen deste tipo de conexión consideran a Rede máis adictiva que os que si dispoñen dela, mentres que estes cren que Internet lles axuda máis nas súas relacións sociais que os primeiros.
Tamén en relación cos hábitos de navegación dáse a circunstancia de que son os usuarios de redes sociais e tamén de conexión á Rede a través de teléfono móbil os que consideran nunha porcentaxe maior que Internet é imprescindíbel na súa vida diaria.
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades