O CESGA realiza unha enquisa sobre o servizo de datos meteorolóxicos do proxecto MeteoSIX

Logo osimga
Data
06/09/2012

Meteogalicia e o Centro de Supercomputación de Galicia avanzan na mellora e consolidación do proxecto MeteoSIX. Solicitan a participación dos grupos de investigación e das empresas usuarias deste servizo meteorolóxico para realizar esta enquisa.

MeteoSIX consiste nunha aplicación gratuíta para móbiles Android e iPhone que facilita as prediccións do tempo para Galicia. Tamén facilita un servizo de datos meteorolóxicos e oceanográficos para grupos de investigación universitarios, empresas e particulares que teñan interese en aproveitalos para estudos ou aplicacións para móbiles ou páxinas web.    

Poden descargarse os documentos para realizar a enquisa en galego ou enquisa en castelán
Pode consultarse o contido do proxecto MeteoSIX

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades